header-cookies1 header-cookies2

Novas

Finalizamos la elaboración del Plan Estratégico 2020-2023 de la FEGADACE

Finalizamos a elaboración do Plan Estratéxico 2020-2023 da FEGADACE

28/09/2020 17:55

ReTnova concluíu a realización dos traballos de asesoría técnica correspondentes ao deseño e elaboración do Plan Estratéxico da FEGADACE para o período 2020-2023.

Este proxecto nace do consenso entre as asociacións integrantes, órganos de goberno e equipo técnico da Federación, co firme compromiso de traballar de maneira coordinada para alcanzar as metas e obxectivos establecidos para os próximos anos.

O novo plan, que servirá de folla de ruta, permitirá reforzar o papel da Federación e as entidades como principais referentes na atención ao dano cerebral adquirido na comunidade autónoma e fortalecer a estrutura da organización, para continuar despregando toda unha acción coordinada nos distintos ámbitos co obxectivo últimos de garantir os dereitos das persoas con dano cerebral e das súas familias e garantir un óptimo acceso aos distintos recursos e a unha atención de calidade.

Unha vez máis, queremos agradecer á FEGADACE a confianza depositada no equipo de ReTnova para levar a cabo este proxecto, asío como o seu gran apoio e colaboración durante o desenvolvemento deste. GRAZAS!

Compartir en

← Atrás