header-cookies1 header-cookies2

Novas

Finalizamos la formación para a EGAP en este 2020

Finalizamos a formación para a EGAP neste 2020

09/12/2020 17:28

Finalizamos a derradeira edición do curso “Formación básica para a sensibilización e prevención da violencia de xénero”.

Con este curso damos por concluído neste 2020 ó noso labor de titorización nos cursos en liña que cada ano inclúe no seu Plan de Formación a Escola Galega de Administración Pública da Xunta de Galicia.

Este ano titorizamos un total de oito edicións da formación básica en materia de violencia de xénero, catro do curso “Enfoque de xénero no deseño, execución e avaliación de plans, programas e proxectos” e unha edición do curso “Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social”.

Agradecemos unha vez á EGAP por confiar en ReTnova para formar ás e aos profesionais da administración pública en busca da mellora das súas capacidades persoais e profesionais.

Pola nosa parte, agardamos continuar no 2021 con novas edicións! Grazas!

Compartir en

← Atrás