USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

Finalizamos a formación presencial en Santos Cocina y Baño, S.L

11/12/20

Onte finalizaba a formación presencial en materia de igualdade de xénero encomendada pola empresa Santos Cocina y Baño, S.L que anunciamos a finais de novembro.

Esta formación, iniciada coa pretensión de integrar ao cadro de persoal no proceso de elaboración do plan de igualdade da empresa, permitiu achegar a todas as persoas participantes conceptos básicos en materia de igualdade de xénero.

A combinación de contidos teóricos con debates e dinámicas prácticas e a participación activa do persoal, facilitaron a apertura dun espazo de reflexión no cal se compartiron opinións e vivencias sobre como a perpetuación dos roles e estereotipos de xénero derivan nunha situación de discriminación entre mulleres e homes. Con todo, púxose en valor o compromiso na erradicación destas desigualdades dende todas as esferas da vida e máis especificamente dende o ámbito laboral, tendo un papel moi importante o sector empresarial.

Felicitamos á empresa SANTOS polo seu compromiso coa igualdade de xénero e a súa aposta por formar a todo o persoal nesta materia. Así mesmo, novamente agradecemos que confiaran no servizo de formación ofrecido por ReTnova.

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602