USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

Finalizamos os talleres presenciais coas mulleres Vilalbesas

16/11/20

Puxemos fin aos talleres “as mulleres falamos e actuamos” de empoderamento e prevención da violencia de xénero a través da acción colectiva que viñamos desenvolvendo no Concello de Vilalba estas últimas semanas.

Retomando a sesión anterior, nesta última demos forma á campaña de sensibilización contra a violencia de xénero que as mulleres idearon conxuntamente. Foi a través da participación activa e o intercambio de ideas entre as mulleres, como xurdiu esta acción de sensibilización dirixida á poboación vilalbesa que sairá á luz nos próximos días, con motivo do 25 de novembro.

O obxectivo desta actividade foi facilitar o traballo grupal creativo das mulleres, converténdoas nas protagonistas encargadas de desenvolver actuacións de impacto para erradicar e previr a violencia de xénero en Vilalba.

Esta acción desenvólvese marco do “Programa de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres”, da convocatoria de subvencións da Secretaría Xeral da Igualdade (Xunta de Galicia) ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade.

Dende ReTnova agradecemos novamente ao Concello de Vilalba a confianza depositada no noso equipo para o desenvolvemento desta actuación!

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602