header-cookies1 header-cookies2

Novas

Incorporación de indicadores para el seguimiento de los ODS sociales de la Agenda 2030 en Galicia.

Indicadores para o seguimento dos ODS sociais da Axenda 2030 en Galicia.

01/07/2020 14:09

Finalizamos a elaboración do Estudo diagnóstico sobre a implantación dos obxectivos de desenvolvemento sustentable de carácter social da Axenda 2030 na Xunta de Galicia, consistente na realización dunha análise sobre o estado actual da Axenda 2030 en materia social nos ámbitos competenciais da Administración autonómica.

A Axenda 2030 de Desenvolvemento Sustentable é o documento das Nacións Unidas que recolle un total de 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) que deberán guiar os esforzos sociais, económicos e ambientais dos estados ata o 2030.

Realizada a análise do grao de execución dos sete obxectivos de desenvolvemento sustentable (ODS) relacionados cos logros sociais, a igualdade e a inclusión, e das súas metas respectivas, nunha seguinte fase o estudo completouse coa inclusión dos indicadores recomendados para realizar o seguimento do cumprimento das distintas metas na nosa comunidade autónoma. Estes indicadores son o resultado de adecuar ao contexto galego os recomendados pola ONU para o seguimento de cada meta da Axenda en todos os países.

Queremos agradecer á Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea a confianza depositada unha vez máis en ReTnova para o desenvolvemento deste proxecto.

Compartir en

← Atrás