header-cookies1 header-cookies2

Novas

Nueva reunión del Grupo de trabajo del Plan Estratégico de Fegadace

Nova xuntanza do Grupo de traballo do Plan Estratéxico da Fegadace

24/07/2020 13:03

Continuando co noso labor de asesoría técnica para o desenvolvemento do Plan Estratéxico da Fegadace para o período 2020-2023, onte levamos a cabo unha nova mesa de traballo en liña na que participou a dirección e persoal técnico da propia Federación, e representantes  das distintas entidades que a compoñen.

Esta terceira mesa de traballo centrouse principalmente na temporización das accións do plan, tanto das que atinxen directamente á Federación, como daquelas outras que requiren unha execución compartida coas asociacións integrantes.

Ademais, nesta sesión consensuáronse outros aspectos necesarios para avanzar no deseño deste novo Plan Estratéxico.

Unha vez máis, queremos agradecer a implicación de todas as persoas que están a participar neste proceso e, especialmente, á Fegadace, por encomendar a ReTnova este proxecto.

Compartir en

← Atrás