header-cookies1 header-cookies2

Novas

Nuevo programa de Coeducación para la prevención de las violencias machistas

Novo programa de coeducación para a prevención das violencias machistas

13/09/2019 14:49

Dende ReTnova temos o pracer de presentarvos o programa “Boiro Co-educa: Igualdade contra as Violencias Machistas”, unha nova aposta do Concello de Boiro para a promoción da igualdade entre mulleres e homes e a prevención da violencia contra as mulleres e as nenas.

O dito programa, aprobado recentemente, enmárcase nas medidas e accións destinadas a erradicación das violencias de xénero e a promoción de relacións igualitarias, de acordo co establecido no Pacto Contra a violencia de xénero para a actuación coa poboación infantil.

“Boiro Co-educa” busca, neste sentido, intervir nos últimos cursos de educación primaria a través dun traballo simultáneo co profesorado e o alumnado no que se fomente tanto a incorporación dun enfoque co-educativo transversal nas prácticas docentes como o desenvolvemento de relacións igualitarias e non violentas entre a rapazada. O programa contempla, tamén, o acompañamento das familias a través de actividades puntuais.

Co fin de acadar estes obxectivos, ReTnova desenvolverá proximamente diferentes actuacións de formación e prevención nos centros de educación primaria do Concello de Boiro, as cales comezarán nas próximas semanas e se estenderán ata o mes de novembro.

Moi agradecidas ao Concello de Boiro pola iniciativa e pola confianza depositada no Equipo de ReTnova.

Compartir en

← Atrás