header-cookies1 header-cookies2

Novas

Talleres de igualdad en el Concello de Vilalba

Obradoiros de igualdade no Concello de Vilalba

29/07/2020 12:50

En ReTnova retomamos as accións presenciais!

O noso equipo trasladouse ata Concello de Vilalba para levar a cabo obradoiros formativos e de sensibilización en igualdade e prevención da violencia de xénero dirixidos ás nenas e nenos asistentes ao “Campamento urbano de verán 2020”.

Conscientes da importancia de educar en igualdade dende idades moi temperás para corrixir actitudes machistas nas e nos menores, levamos a cabo diversas actividades que fomentaron a reflexión sobre os roles tradicionais de xénero e as desigualdades nas que derivan.

A través destes obradoiros, enmarcados no desenvolvemento do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, as crianzas participaron en diversos xogos e dinámicas que lles permitiron tomar conciencia dos prexuízos sexistas e dos estereotipos e da importancia de respectar as diferenzas entre iguais.

Así mesmo, tiveron a oportunidade de reflexionar e expresar as súas ideas sobre o BO-trato e o MAL-trato e plasmalas a través de debuxos e/ou palabras coas que conformaron un gran mural.

Moitas grazas ao Concello de Vilalba por confiar no noso traballo pola igualdade.

Compartir en

← Atrás