header-cookies1 header-cookies2

Novas

Ponemos punto y final al primer semestre de formación en línea de la EGAP

Poñemos punto e final ao primeiro semestre de formación en liña da EGAP

02/07/2020 14:15

Recentemente leváronse a cabo as probas finais en liña das últimas edicións dos cursos “O enfoque de xénero no deseño, execución e avaliación de plans, programas e proxectos” e “Formación básica para a sensibilización e a prevención da violencia de xénero”, coas que rematamos o primeiro semestre de teleformación enmarcada no Plan de Formación 2020 da EGAP (Escola Galega de Administración Pública da Xunta de Galicia).

Titorizamos un total de 7 cursos durante estes meses. En ReTnova somos conscientes da importancia de formar ás e aos profesionais da administración en materias tan importantes como a violencia de xénero ou o enfoque de xénero nas políticas públicas, ou sobre  a Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social tamén; por iso agradecemos á EGAP a confianza depositada na directora de ReTnova para levar a cabo este labor de titorización.

Agradecer tamén a implicación e o traballo do alumnado dos diferentes cursos que se levaron a cabo neste semestre.

Retomaremos estas accións formativas despois do verán para continuar traballando xuntas e xuntos na mesma senda igualitaria!

Compartir en

← Atrás