Quen somos

Quen somos

Somos unha consultora especializada no ámbito social e de xénero e na asistencia técnica na planificación, execución e avaliación de políticas públicas.

Identificamos retos e deseñamos solucións creativas, innovadoras e sostibles que se axustan ás expectativas e obxectivos das organizacións coas que colaboramos.

En Retnova apostamos pola igualdade e a inclusión, e estes valores impregnan tanto os procesos como os resultados do noso traballo. Así, contribuímos activamente ao desenvolvemento social mediante iniciativas que fomenten un impacto positivo e duradeiro nas comunidades e na sociedade no seu conxunto.

Coñece o noso equipo

O noso equipo multidisciplinar combina experiencia, compromiso e unha visión estratéxica que permite ofrecer servizos de asesoramento, formación e investigación con estándares de excelencia. Deste xeito, posicionámonos  como unha consultora de referencia para organizacións que buscan solucións innovadoras, rigorosas e de alta calidade para afrontar as súas necesidades e desafíos.

Ademais, contamos cunha rede de colaboracións empresariais e profesionais, construída ao longo dos anos, que nos posibilita ofrecer servizos completos e multidisciplinares


ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602

 

USO DE COOKIES

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como para amosarlle, desde o noso sitio web ou de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

MÁIS INFORMACIÓN