USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR

Traballos realizados en Estudos e investigación social

  • Estudo de campo e análise para a definición de liñas estratéxicas en materia de habitabilidade e adaptación de estruturas e servizos destinados ás persoas de 55 anos e máis (Proxecto REDMAY). Xunta de Galicia, 2019.
  • Participación-Coordinación en reunións da Agrupación Estratéxica de Investigación “Innovación social e Benestar”. Estratega Consulting Global, 2018.
  • Estudo sobre a situación das persoas maiores de Compostela e liñas estratéxicas de acción municipal. Concello de Santiago de Compostela, 2017.
  • Estudo diagnóstico sobre os horarios e os usos do tempo en Santiago de Compostela: enquisa de continuidade 2017.
  • Estudo diagnóstico sobre a situación da xuventude na cidade de Vigo. Concello de Vigo, 2017.
  • Análise territorial do censo de persoas con discapacidade nas zonas rurais galegas. Xunta de Galicia, 2016.
  • Estudo sobre discapacidade e xénero: aproximación á situación das mulleres con discapacidade en Galicia. Xunta de Galicia. INFORME_EXECUTIVO_ESTUDO_Discapacidade_e_xenero_en_Galicia.
  • Análise das condicións de acceso á formación e da inserción laboral do colectivo inmigrante en Galicia. Confederación de Empresarios de Galicia-CEG.
  • Estudo prospectivo para a creación dun centro de ocio infantil en Santiago de Compostela.
  • Asistencia técnica no estudo: percepcións e valoracións da poboación galega sobre a Fundación Pedro Barrié de la Maza.
  • Elaboración do Estudo da incidencia da xornada de traballo na seguridade laboral e nos riscos psicosociais. Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral-CIG, 2011.
  • Elaboración do Estudo e análise da problemática das drogodependencias nos sectores da construción naval e automoción no ámbito laboral. Gabinete Técnico de Saúde Laboral-CIG, 2010.
  • Realización do estudo “Demandas e expectativas da avaliación de tecnoloxías sanitarias en Galicia. Análise cualitativa desde a perspectiva de decisores e clínicos”. Colaboración na redacción do artigo para a revista Gaceta Sanitaria.
  • Estudos cualitativos sobre información médica en programas de cribado realizados con poboación usuaria e profesionais sanitarios. Axencia de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias de Galicia (Avalia-t), 2006 e 2007:
  1. (sergas.es/docs/Avalia-t_Cribado Mama.pdf)
  2. (sergas.es/docs/Avalia-t_Cribado cervix.pdf)
  3. (sergas.es/docs/Avalia-t_cribado Metabolopatías.pdf)
  4. (sergas.es/Docs/Avalia-t_Cribado prenatal.pdf)
  • Desenvolvemento de investigacións sobre colectivos en exclusión, entre outros: “Informe Extraordinario do Valedor do Pobo sobre a situación da poboación xitana de Galicia”. (Valedor do Pobo)
  • Elaboración de estudos sociopolíticos -análise de resultados e redacción de informes-, entre outros: “Clima Político e Social de Galicia” (Xunta de Galicia).
  • Enquisas de calidade asistencial (satisfacción da poboación usuaria): centros hospitalarios da rede SERGAS, Fundación 061, Medtec/Galaria…
  • Estudo: Avaliación do programa experimental de Educación para a Saúde nos centros educativos de Galicia. Xunta de Galicia.
O noso campo de actuación é extenso, se non ves aquí o que estás buscando consúltanos, seguro que podemos axudarche.
 
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602