USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR

Traballos realizados en Formación

  • Curso sobre a Lei xeral das persoas con discapacidade e da súa inclusión social. Curso de formación en liña. Escola Galega de Administración Pública -Xunta de Galicia. Plans de formación 2015 (2 edicións), 2016 (3 edicións), 2017 (4 edicións), 2018 (2 edicións), 2019 (2 edicións), 2020 (1 edición).
  • Accións formativas para a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero: “Coidar non ten xénero” e “Taller de sensibilización e prevención da cousificación e hipersexualización das nenas”. ANPA do CEIP Virxe do Carme de Burela, 2020.
  • Accións formativas para a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero: “Xoguemos: fútbol ou ballet: estereotipos e discriminación de xénero”, “Auto-coidado, emocións e límites persoais” e “Socialización diferencial, discriminación e violencias machistas”. CEIP Cespón. ANPA San Vicente de Cespón, 2020.
  • Obradoiros de sensibilización en igualdade e prevención de violencia de xénero dirixidos a nenas e nenos de entre 5 e 12 anos asistentes ao “Campamento urbano de verán 2020”. Concello de Vilalba, 2020.
  • Formación sobre o plan de igualdade dirixida ao persoal do Concello. Concello de Negreira, 2020.
  • Curso sobre “O enfoque de xénero no deseño, execución e avaliación de plans, programas e proxectos”. Curso de formación en liña Escola Galega de Administración Pública - Xunta de Galicia. Plans de formación, 2019 (1 edición), 2020 (4 edicións).
  • Curso monográfico presencial Violencia de xénero na adolescencia. EGAP, 2019.
  • Accións formativas para a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero. CEIP Escarabote, 2019.
  • Programa “Practicando Igualdade para Previr as Violencias Machistas” – Programa municipal de formación en igualdade. CEIP Castro de Ouro e o IES Alfoz-Valadouro, 2019.
  • Actividades formativas para a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero. IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo. ANPA Amolou, 2019.
  • “Conectar coa Igualdade: Educación para un uso de internet libre de violencia”. ANPA do CEIP Virxe do Carme De Burela, 2019.
  • Curso sobre “Formación básica para a sensibilización e prevención da violencia de xénero”. Curso de formación en liña Escola Galega de Administración Pública -Xunta de Galicia. Plans de formación, 2018 (2 edicións), 2019 (4 edicións), 2020 (8 edicións).
  • Curso sobre “Xénero, masculinidades e micromachismos” dirixido ao profesorado do CPI Uxío Novoneira (Pedrafita do Cebreiro), 2019.
  • Curso sobre “Orientación laboral e profesional libre de estereotipos de xénero” nos Centros de Formación e Recursos. Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, 2019.
  • Impartición de formación básica en Igualdade de xénero para o persoal ao servizo da administración local. Concello de Negreira, 2019.
  • Impartición de xornada formativa sobre “Xestión emocional para persoas voluntarias”. Concello de Riveira, 2018.
  • Curso sobre “Formación básica en igualdade de xénero nas administracións públicas”. Curso de formación en liña. Escola Galega de Administración Pública -Xunta de Galicia. Plans de formación 2018 (2 edicións).
  • Impartición dos módulos transversais das accións formativas para persoas desempregadas convocadas pola Orde da Consellería de Economía, Emprego e Relacións Laborais do 7 de marzo de 2017, correspondente ao exercicio de 2017 e 2018: inserción laboral, sensibilización ambiental e igualdade de xénero; formación para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e sobre corresponsabilidade familiar e doméstica. Centros propios da Xunta de Galicia: UAF de Negreira, Ames, Melide e Centro de Formación Labañou (A Coruña).
  • Curso sobre “Estratexias para a eliminación de estereotipos de xénero no exercicio da actividade profesional”. Curso de formación presencial. Escola Galega de Administración Pública. Xunta de Galicia, 2017, 2018.
  • Curso sobre “Deseño e avaliación de políticas públicas con perspectiva de xénero”. Curso de formación presencial. Escola Galega de Administración Pública. Xunta de Galicia, 2017.
  • Xornadas “Habilidades e técnicas de busca de emprego. CIFP Santiago de Compostela, 2017
  • Impartición dos módulos transversais das accións formativas para persoas desempregadas convocadas pola Orde da Consellería de Economía, Emprego e Relacións Laborais do 29 de decembro de 2015: inserción laboral, sensibilización ambiental e igualdade de xénero; formación para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e sobre corresponsabilidade familiar e doméstica. Centros propios da Xunta de Galicia: UAF de Negreira, Ames, Melide e Labañou (A Coruña).
  • Contratación e impartición dos módulos transversais das accións formativas para persoas desempregadas convocadas pola Orde da Consellería de Traballo e Benestar do 23 de Decembro de 2013: inserción laboral, sensibilización ambiental e igualdade de xénero; formación para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e sobre corresponsabilidade familiar e doméstica. Centros propios da Xunta de Galicia: UAF de Negreira, Ames e Melide e CIFP de Santiago de Compostela.
  • A corresponsabilidade. Marco Conceptual. O Papel dá Administración. Concello de Santiago de Compostela.
  • Avaliación dos cursos de formación dos plans formativos intersectorial e sectorial e de accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas. Fundación para a Orientación Profesional, a Investigación e o Desenvolvemento Tecnolóxico, o Emprego e a Formación en Galicia (2008, 2009, 2010, 2011, 2012).
  • Curso sobre abordaxe da violencia de xénero desde o ámbito educativo. Xunta de Galicia, 2013, 2014, 2015, 2016, 2017, 2018, 2019, 2020.
  • Elaboración de contidos didácticos e formativos en materia de violencia de xénero para o desenvolvemento de accións formativas. Labor de tutorización na modalidade de teleformación. Plataforma IgualdadeForma. Xunta de Galicia.
  • Diversos cursos e charlas formativas sobre plans de igualdade, avaliación de políticas públicas, calidade, etc.
O noso campo de actuación é extenso, se non ves aquí o que estás buscando consúltanos, seguro que podemos axudarche.
 
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602