descripcion de imagen

Entregados os premios do concurso TIKTOK POLA IGUALDADE

19/06/23

O venres 16 de xuño púxose fin ao concurso TIKTOK POLA IGUALDADE, tras semanas de participación, coa entrega dos galardóns ás gañadoras. O evento desenvolveuse na sala de prensa do Teatro Principal de Pontevedra e contou coa presenza da concelleira de igualdade, Yoya Blanco, encargada de conducir o evento e de facer entrega dos premios. Ademáis, estivo acompañada de Mercedes Renda, axente de igualdade do Centro de Información ás Mulleres.

No concurso participou alumnado de diferentes centros educativos da localidade: IES A Xunqueira I, IES Valle Inclán, IES Sánchez Cantón, IES Luís Seoane, Centro Galego de Tecnificación Deportiva... Parte dos rapaces e das rapazas participantes estiveron presentes neste acto, xunto a profesorado e familiares.

Entre todos os vídeos recibidos, seleccionouse como gañador na categoría individual o vídeo 'Isto é o normal', presentado pola alumna de 3ºB da ESO do IES Luis Seoane, Rosalía López Leiro. Na categoría grupal, o premio foi para 'Eu mando en min!', presentado polas alumnas de 3ºD da ESO do IES Valle Inclán: María del Carmen Costa, Julieta Ferradás Lens, Jimena Álvarez Silva e Sara Fernández Gato.

concurso TIKTOK POLA IGUALDADE é unha das iniciativas coas que desde Retnova, en colaboración co Concello de Pontevedra, se busca impulsar a reflexión e a conciencia crítica dos e das adolescentes en materia de igualdade de xénero e prevención das violencias machistas. Esta proposta incentiva a creación de contidos propios de rapazas e rapaces, a través dos que reflexionar sobre estas temáticas dunha forma dinámica e adecuada ás súas idades, mediante o uso de redes sociais.

Moitas grazas ao Concello de Pontevedra pola confianza depositada no noso equipo e a todos os centros educativos pola boa acollida desta iniciativa.

Por último, non pode faltar a noraboa a todas as persoas participantes pola súa creatividade e o seu compromiso.

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602

 

USO DE COOKIES

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como para amosarlle, desde o noso sitio web ou de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

MÁIS INFORMACIÓN