USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

O acoso escolar, un problema que involucra a toda a cidadanía

02/11/23

O primeiro xoves do mes de novembro conmemórase o Día internacional contra a violencia e o acoso escolar. Esta data busca sensibilizar a toda a sociedade, e especialmente á comunidade educativa, fronte as diversas formas de violencia que se poden dar entre estudantes.

Este ano, a data de celebración fíxase o día 2 e o lema, segundo a UNESCO, é “Non ao medo: acabar coa violencia escolar para mellorar a saúde mental e o aprendizaxe”. Con isto perséguese poñer de relevo as repercusións que ten o acoso escolar na saúde mental das persoas que a sofren, tanto nas etapas educativas como na súa vida adulta. O acoso afecta tamén á percepción polo alumnado dos propios centros educativos, que deberían ser vistos como un espazo seguro e deixan de considerarse así.

En Galicia, dúas de cada dez persoas recoñecen ter sido vítimas de bullying ou acoso escolar, como se recolle nun estudo recentemente impulsado por Educar es Todo, plataforma de nais e pais a nivel estatal, e por Totto. Destes casos, un 57% manifestouse a través de acoso verbal ou insultos continuados e un 49% a través de acoso psicolóxico, como burlas, sobrenomes ou alcumes. Nun 15% recoñécese ter sufrido ciberacoso, que leva as accións máis aló do propio centro ata a dimensión online, co problema engadido de que pode chegar a permear todas as áreas vitais da persoa acosada.

Para enfrontar esta problemática, a abordaxe debe integrar a toda a comunidade escolar, non unicamente ás persoas que sofren ou realizan o acoso, e, en última instancia, a toda a cidadanía, á que sensibilizar contra un problema que pode deixar secuelas de por vida. A solución pasa pola atención directa, pero tamén polo ensino e a concienciación.

En Retnova colaboramos neste eido a través de diversas accións, como a realización de obradoiros ou talleres para alumnado, profesorado e ANPAs en acoso escolar, ciberviolencias e outras temáticas asociadas, como son a igualdade e a violencia de xénero, e de cursos formativos. A campaña de COMPigual, os concursos de vídeos a través de redes sociais en Pontevedra ou Sanxenxo ou as formacións para o profesorado da administración pública a través de PLATEGA son algunhas das actividades a través das que manifestamos o noso compromiso para combater un problema que nos concirne a toda a cidadanía.

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602