USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

Protocolo "Burela tecendo rede contra a violencia machista"

18/07/23

Rematan os traballos de elaboración do protocolo “Burela tecendo rede contra as violencias machistas”, do que Retnova levou a asistencia técnica. Este documento, impulsado polo Concello de Burela a través da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero, quere promover unha actuación máis áxil e efectiva na atención ás vítimas de violencia contra as mulleres, así como aos seus fillos e fillas, do concello da Mariña Lucense.

Para iso, o protocolo define as áreas de intervención das organizacións presentes na Mesa, representantes á súa vez dos principais ámbitos de atención ante un caso de violencia machista: o das forzas e corpos de seguridade, a social, a sanitaria e a educativa. No documento faise fincapé nos puntos de coordinación entre as distintas áreas e os organismos que as compoñen, co obxectivo de clarificar os seus papeis e, así, evitar caer en situacións como a dobre victimización da muller.

A elaboración deste protocolo centralizou o labor da Mesa nos últimos meses. A proposta inicial produciuse na segunda reunión deste organismo. Desde entón traballouse neste proceso de forma conxunta, a través das diferentes convocatorias da Mesa, nas que o texto foi debatido entre todos os organismos, e tamén a través de reunións unilaterais ou das organizacións pertencentes a unha mesma área.

Con esta acción, a Mesa cumpre parte dos obxectivos marcados no seu regulamento, en concreto  no que se refire a coordinar as institucións implicadas na prevención e na loita contra a violencia de xénero no ámbito local; e a establecer procedementos de actuación conxunta e de coordinación municipal e interinstitucional que posibiliten a atención, protección e apoio psicosocial ás vítimas da violencia de xénero.

En Retnova apostamos polo traballo en colaboración con diferentes organizacións en materia de prevención da violencia de xénero e atención ás vítimas. Con este tipo de actuacións contribúese a axilizar a resposta a estes casos e, así, mellorar a rede a través da que protexer a estas mulleres.

 

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602