USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

Retnova, comprometida coa saúde mental

10/10/23

O 10 de outubro celébrase o Día Mundial da Saúde Mental, unha conmemoración promovida pola Federación Mundial para a Saúde Mental e que conta co apoio da Organización Mundial da Saúde. En 2023, o lema elixido para esta data é ‘A saúde mental é un dereito humano universal’.

Nesta liña de acción está a traballar Retnova que, ademais doutros proxectos de temática social, atópase inmersa na elaboración do “I Plan Municipal de Saúde Mental” do Concello da Coruña. Esta ferramenta ou instrumento de planificación permitirá “ter unha fotografía fiable sobre as necesidades e os recursos cos que conta a cidade neste ámbito”, como destacaba recentemente a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, na presentación dos actos programados por este día na cidade.

Entre os obxectivos deste Plan están a protección dos dereitos das persoas con este tipo de problemas. Na súa elaboración estase a contar coa colaboración de profesionais, dos movementos asociativos e coa participación cidadá, esencial para permitir unha radiografía exacta do estado de situación en saúde mental na vila herculina.

A importancia da celebración dunha efeméride deste tipo queda de relevo cando se acode aos datos. Segundo a Confederación de Saúde Mental de España, unha de cada catro persoas terá un trastorno mental ao longo da súa vida e, destas, entre o 35 e o 50% non reciben tratamento ou non é o adecuado. A visibilización que aporta datas como estas contribúe a fomentar o debate sobre a atención a estes casos e a que se impulse a mellora dos recursos cos que atender á poboación. 

Retnova quere amosar o seu compromiso coa saúde mental a través deste tipo de traballos, cos que busca promover a mellora social a través do coñecemento e a análise da realidade.

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602