USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

Traballo en discapacidade para mellorar a inclusión social

14/06/23

Conclúe a formación en liña “Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e a súa inclusión social”, tutorizada por Retnova. Impartido a través da plataforma da EGAP (Escola Galega de Administración Pública), este curso busca promover a capacitación do persoal que traballa en administración pública con información actualizada sobre as últimas modificacións lexislativas.

O traballo en temas sociais, especificamente en discapacidade, é unha das liñas centrais de acción de Retnova, tanto a través da formación como doutras vías, como estudos e investigacións ou asesoría técnica. Por exemplo, relacionado coa normativa legal sobre discapacidade, unha parte destas tarefas é o acompañamento como facilitadoras a persoas nesta situación nas revisións da súa capacidade xurídica.

Este labor de asistencia técnica esténdese, máis aló de particulares e asociacións, a outro tipo de organizacións e entidades. Lonxe de limitarse a un área específica en discapacidade, búscase un enfoque multidisciplinar, no que se integre con outros ámbitos da área social. Entre os últimos proxectos da compañía atópanse iniciativas concretas dentro do campo da saúde mental, a través das cales se quere contribuír de forma significativa á mellora de toda a cidadanía.

Desde Retnova agradecemos a posibilidade de traballar en temáticas sociais, que redunden na visibilización de colectivos tradicionalmente apartados ou silenciados, para favorecer así o desenvolvemento dunha sociedade inclusiva e diversa.

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602